Galicia é un lugar fantástico para os amantes do surf. Conta con excelentes praias e coas mellores ondas posibles. Debido a isto, Galicia tamén conta coas mellores escolas de surf.

Pero, en que debes fixarte para escoller a túa escola de surf en Galicia? Por un lado, están os servizos que se ofrecen. Hai escolas que se especializan nun nivel concreto. Sen embargo, sempre será mellor que te enroles nunha escola con diversos niveis. Dese modo, a medida que melloran as túas habilidades, non precisarás buscar outro centro distinto no que seguir aprendendo a surfear.

Outros aspectos que debes ter en conta son os lugares e praias nos que cada escola imparte as súas clases, así como os extras (aloxamento, aluguer do material necesario, etc.).

Escola de surf en Galicia con campamento nas mellores praias

A calidade das praias é o aspecto máis importante para practicar surf. No norte de Galicia están as mellores, se temos en conta a súa limpeza, as súas instalacións e, sobre todo, as súas ondas. Na nosa escola de surf aprenderás este marabilloso deporte nas mellores praias de Galicia, como son a Rapadoira e Longara.

Campamentos surf en Galicia

En Sensación Surf ensinamos a persoas de todas as idades e contamos con clases específicas, tanto para nenos como para adultos. Así mesmo, guiáremoste no proceso de surfear, desde o primeiro día que te sobes á táboa até que te convertas nun auténtico profesional.

A nosa escola de surf en Galicia está considerada como a mellor por outros dous aspectos moi importantes. Por un lado, ofrecemos unha experiencia totalmente inclusiva. Contamos con distintas opcións de aloxamento, de maneira que podes hospedarte para facer cursos intensivos, no caso de que non vivas cerca das praias. Ou tamén se ademáis de aprender a surfear, queres coñecer de preto a mariña central de Lugo.

Para as persoas que non contan co material necesario, en Sensación Surf poñemos á túa disposición, e de xeito gratuito, tanto o neopreno como a táboa.